Nunca fun de arte moderna. De feito, na meirande parte dos casos, sigo pensando que “eso poderia facelo un neno pequeno”. Pero deuse a casualidade que o meu pai era amigo íntimo dende neno de Jorge Barbi. Un tío encantador, de xestos e verbas pausadas, calmadas e cheas de contido que facía cousas moi raras con lixo que ía atopando na praia. E que me deixaba visita-lo seu taller. Aquelas visitas permitíronme abrir a mente, comprender moitas cousas que non me gustaban porque non as entendía e que a chorrada máis fea con aspecto de “estar feito por un neno pequeno” pode ter moitísimo traballo e investigación detrás. Cando traballo, faime pensar que hai outros xeitos de conta-lo mesmo e que a beleza é subxectiva. Existe un mundo completamente alleo a min, de galerías de arte, de señores atusándose o bigote mentras observan unha obra que non entenden e fan xuizos ao chou, de cartos e poses, no que o traballo pode que sexa valorado, pero eu vin o que leva ese traballo e iso axúdame a face-lo meu un chisco millor.



