Concurso de chapas 4º aniversario (3)

Deberes feitos. Esta é a miña proposta deste ano, como conclusión ao andazo de moderneo que nos deu no nadal. Hail, Hipster!

Concurso de chapas 4º aniversario (2)

Concurso de chapas 4º aniversario (1)

Chapa 4 anos (ictioscopio)

Olá,

Outro ano máis, temos en marcha o noso concurso de chapa conmemorativa do aniversario do caféDturno. Falaramos na última xuntanza de ir subindo aquí as propostas para mañá (o que? xa pasou un mes???) escoller entre todos a gañadora.

Vou abrir a “lata” coma miña aportación:

 

Sobre vídeo e html

Hai uns meses, María Yáñez e mais eu (Oscar Otero) fomos a Istanbul a falar sobre o vídeo en internet, concretamente sobre novas maneiras de contar historias, onde os usuarios poidan deixar de ser suxetos pasivos e comecen a formar parte delas. As novidades que nos ofrece a última versión de HTML (a linguaxe coa que estan feitas as páxinas web) permite construír experiencias moito máis avanzadas que nos permiten contar historias dun xeito máis envolvente.

A partir dese minicurso de tres días fixemos colaborativamente un documento en Google Docs que recollen un gran número de ligazóns de exemplos de documentais interactivos, historias contadas de xeito especial, etc. E ademáis, debido a que para construír todas estas obras, fai falla un coñecemento das tecnoloxías web, tamén inclúe moitas ligazóns a tutoriais, cursos online, etc acerca de html, css e javascript (as tres tecnoloxías web) tanto para niveis iniciais como avanzados.

E para rematar, e aínda que me da moitísima vergoña (debido ao meu pobre nivel de inglés), comparto tamén os vídeos de dúas das charlas que demos nese curso, un de María Yáñez e outro meu. Non vos riades, por favor :)