PseudoMadoz #13

PseudoMadoz #13

Repartindo boa sorte pa tod@s ;)!

Charla sobre animación

Ola a todas. Déixovos no enlace de arriba a presentación do último CaféDTurno, na que fixemos un pequeno repaso á historia da animación no cinema e a televisión desde os anos sesenta. Parte máis ou menos de onde o deixou a compañeira Raquel o mes pasado, cando nos falou das orixes e os puntais que fundamentaron o cinema animado. Tiveron que quedar por forza moitas cousas atrás que algunhas botaredes de menos, pero sempre podedes animarvos a encher eses ocos pola vosa conta se vos pica o bicho da curiosidade :)
Inclúo tamén esta playlist, ordeada seguindo a mesma liña narrativa da presentación, por se queredes afondar e perdervos no mar de filmes de interese que inundan a rede.

NOTA: O wordpress non soporta arquivos SWF, polo que resulta imposible embeber a presentación no post :(

Madozada

Máis vale tarde que nunca. Aquí deixo a miña madozada.

Pseudomadoz #11

Inserto a miña “madozada” … e retiro o dedo.