O fondo deste ano

fondo_pantalla_irene

Eso que din de “ano novo vida nova” pode que se cumpla comigo. Cada ano cambio o fondo do escritorio para positivarme. Este ano 2012, vendo que todo ía costa arriba, decanteime por unha perspectiva algo “puntiaguda” dunha textura areosa pero suavizada co debuxo dunha bolboreta… Para darme alas e saír voando ainda que sexa no maxin…

Happy 3 years!

chapa_irene

Este é o deseño que fixen para o III aniversario do CaféDturno. Si, si, xa levamos 3 anos de reunións mensuais e como me parece algo incrible, quixen celebralo como se dunha festa se tratara. Por iso recordei os trianguliños que recortei para decorar a festa de cumpreanos de Vera e combineinos para que xuntos formasen un 3. Védelo?

No “fondo” son unha sentimental


Pode ser que non resulte o fondo de pantalla máis funcional e óptimo (son consciente), pero nestes últimos meses acompañoume no día a día unha foto tirada dende a azotea do CGAC. O meu particular skyline de Compostela fai que sinta tranquilidade en canto o vexo. Trátase dun balcón no que respirar. Dende el dou os bos días pola mañá, aínda que fóra non haxa sol, e despido a dura xornada, sabendo que mañá terei as mesmas boas vistas.

Para mín, un fondo debe espertar algún tipo de sentimento; nostalxia, risa, tranquilidade, ánimo, carraxe… algo que axude a levar o día mellor, independentemente da motivación que cada un escolla para que isto resulte así.

Fondos peliculeros

Fondo de escritorio

En la promoción de películas los fondos de pantalla suelen ser un elemento presente en las webs, ya que a los admiradores de actores y directores les gusta personalizar su pantalla con el diseño del cartel de las películas que les interesan.

Para muestra un botón: el fondo de escritorio de EL SECRETO DE SUS OJOS, película de culto para muchos seguidores de Darín y Campanella.