Hola colegas!
Mañá, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, como remate ás xornadas Cultu Kata que se levan celebrando desde o martes 24, Raquel e máis eu falaremos de Coworking e novas formas de interacción profesionais. As xornadas están dirixidas principalmente aos estudantes de último curso; mais son abertas a quen queira acudir. Ás 10 da mañá falará Natalia Rodríguez sobre a creación dunha marca de publicitarios e RRPP e ás 12 tócanos o turno a ekinocio comunicación. Estaremos no Salón de Graos da Facultade. Xa vos contaremos vía twitter, parécevos?
Bo día (a pesar da choiva)!!



